luns, 14 de outubro de 2019

Next Station: Improving Professional Skills in Galicia III

Se queres mellorar a túa competencia lingüística, as túas opcións de empregabilidade e perspectivas laborias e persoais, asi como a túa participación máis acitva na sociedade, Erasmus é o teu programa.
 
No programa Erasmus+ KA102 Next Station: Improving Professional Skills in Galicia III  están destinadas un  total  de 420 mobilidades  de  estudantes  de FP,  para  prácticas  por motivos   de aprendizaxe en   países asociados   ao   Programa,   e   para   131 mobilidades   de persoal (profesorado  para formación,  profesorado  para  visitas  preparatorias e  expertos  de  empresas) e 54  de profesorado acompañante. No consorcio figuran como socios 43 centros educativos  públicos (19 centros integrados  de  formación  profesional, 23 institutos  de  educación secundaria e 1 centro de educación especial).
As  mobilidades  de  alumnado  e  de persoal realizaranse dende o 3 de xullo de 2019 ao 2 de xullo de 2021.
O convenio asinado ten o seguinte número: 2019-1-ES01-KA102-063732.

Obxectivos do programa de mobilidade Erasmus
  • Aumentar as oportunidades de formación en centros de traballo no extranxeiro do alumnado de Formación Profesional de grado medio.
  • Proporcionarlle habilidades necesarias para a transición do ámbito da educación e a formación ao mercado laboral.
  • Favorecer a inserción socio-laboral do alumnado que cursa FP no Centro.
  • Fomentar o uso de linguas extranxeiras como vehículo de colaboración e participación no exercicio da cidadanía europea.
  • Establecer redes de cooperación internacional entre o noso Centro e as empresas dos sectores da oferta dos ciclos que se estudan no centto
Procedemento  para  a concesión das axudas de mobilidades ao alumnado e ao persoal de ciclos formativos de grao medio

Requisitos para poder participar no programa de mobilidade Erasmus

O alumnado que estea cursando ciclos formativos de grao medio durante o curso 2018-2019 / 2019-2020 / 2020-2021, ou ben que acadaran a súa titulación nos mecionados cursos académicos, así como o persoal que imparta ditos ciclos.
Ser nacional dun dos países participantes no programa Erasmus +, ou en caso de ser nacional de outro país, estar en posesión dun permiso de residencia válido para residir en España durante o periodo de realización da mobilidade.
Ter superado o primer curso do Ciclo Formativo que corresponda, sen módulos pendentes.
Presentar a solicitude de participación, en prazo e forma adecuados.
Cumprir os requisitos das institucións de destino. Para a concesión da axuda será requisito imprescindible o compromiso de aceptación da empresa onde se vaian realizar as prácticas no periodo comprendido ordinario de FCT.
Non podrán participar: alumnos/as con máis de unha amonestación leve ou con unha amonestación grave ou con unha amonestación moi grave.

Prazo de solicitude de praza para a convocatoria de 2020

Ábrese un primeiro prazo de solicitude de praza do 1 ao 11 de novembro de 2019  destinado ao alumnado matriculado en 2º para realizar a FCT no estranxeiro.

Solicitude - Documentación a presentar na secretaría do centro
1. Formulario de solicitude de praza Erasmus+
2. Fotocopia do DNI ou documento oficial de identificación.  
3. Alumnado de nacionalidade distinta da española: Fotocopia NIE; este documento debe estar en vigor durante o periodo da mobilidade. 
4. Curriculum Vitae EUROPASS, incluiranse fotocopias acreditativas dos diplomas, cursos ou experiencia profesional.
5. Fotocopia do Título Oficial de Idioma que certifique o nivel de coñecemento do/a alumno/a na lingua correspondente ao destino solicitado. 
Nivel mínimo recomendado pola UE: B1. En todo caso, a alumnado deberá acreditar o nivel requerido pola institución de acollida.


Procedemento de selección e resolución:

a) Proposta de admitidos e excluidos: publicarase unha relación de solicitudes admitidas e excluidas deixando un prazo de 10 días hábiles para subsanar erros e/ou aportar a documentación cando proceda.

O feito de que unha persoa solicitante apareza na relación de solicitudes admitidas, non implica que teña obtido a praza ou a teña reservada, senón que toda a súa documentación está completa, e cumpre as condicións necesarias para poder optar a unha praza e participar no proceso de selección.

b) Valoración de solicitudes: Realizarase pola Comisión Erasmus do centro logo de avaliar o expediente académico, a acreditación de idiomas e as competencias persoais e actitudes. Unha vez realizada a reunión da Comisión avaliadora, publicarase  unha  listaxe provisional na que se recollerán as persoas beneficiarias seleccionadas para as prazas ofertadas e as que  quedan  en reserva,  por  orde  de  prelación.
Haberá un prazo de cinco días naturais, contados a partir da publicación da listaxe provisional, para a presentación de reclamacións por parte dos/as solicitantes.
Rematado  o  prazo  de  reclamacións,  farase pública a  listaxe definitiva  de  solicitantes seleccionados  e  en  reserva.

c) Adxudicación de prazas: As persoas seleccionadas deberán confirmar a súa aceptación por escrito nos 10 días hábiles seguintes. A falta de dita aceptación expresa por parte do alumnado será considerada como renuncia á praza concedida provisionalmente.
IMPORTANTE: a adxudicación definitiva da praza será efectiva unha vez se produza a aceptación do solicitante polo centro de traballo de destino e se teña elaborado o Acordo de FCT .

d) Renuncias: Se unha vez adxudicadas as prazas, o alumnado tivera que renunciar á bolsa Erasmus+, deberá comunicalo por escrito o antes posible á coordinadora de proxectos europeos ou no seu defeccto ao director do centro.

Criterios de selección do alumnado e persoal candidato en cada centro

A. Criterios de selección do alumnado

1. Expediente académico (máximo 4 puntos). 
Terase en conta a nota media obtida polo/a estudante no primeiro curso do ciclo formativo. 
-Se a nota media é de 6 ou menos: 2 puntos.
-Se a nota media é de máis de 6 e menos de 8: 3 puntos.
-Se a nota media éde 8 ou máis: 4 puntos.

2.  Competencias  lingüísticas  no  idioma  do  país  de  acollida  ou  idioma  de  traballo,  no  caso de  que  sexa diferente a do país de acollida (máximo 4 puntos).
A valoración das competencias lingüísticas farase tendo en conta as seguintes variables:
a) Nota media do/a alumno/a no primeiro curso, no caso de que o idioma de traballo estea incluído no currículo do ciclo.
b) Certificacións de competencias lingüísticas aportadas.
c)  Probas  realizadas  no  propio  centro,  no  caso  de  que  non  teña  certificación  de  competencias lingüísticas.
d) Calquera outro método para probar as competencias lingüísticas decidido polo comité de selección.

3. Competencias persoais e actitudes (máximo 4 puntos). 
O  comité  de  selección  considerará  para  este  criterio  a  valoración  das  actitudes  e comportamento  do alumnado,  tendo en conta  as opinións  e  a  información  dada  por  aqueles  que ensinen  ao  estudante  en particular, dando máis puntos a aqueles alumnos/as considerados/as baixo este criterio máis adecuados para formar parte destas mobilidades.
Este informe de madurez, actitude e responsabilidade constará de 5 items a valorar, que puntuarán de 0 a 10 cada un deles. Se o/a alumno/a ten menos dun 5 será NON APTO, se ten máis dun 5, será calificado como APTO.
-Se a nota media está entre 5 e 6: 1 punto.
-Se a nota media está entre 6 e 7: 2 puntos.
-Se a nota media está entre 7 e 8: 3 puntos.
-Se a nota media é de 8 ou máis: 4 puntos.

Os items son:
    - Aproveitamento de recursos e iniciativa persoal.
    - Cumprimento das normas do centro
    - Capacidade de traballo en equipo.
    - Trato respectuoso aos compañeiros, profesores e persoal do centro.
    - Actitude resolutiva

4. Outros.
No caso de empate nos méritos darase prioridade, pola seguinte orde:
4.1 Aos estudantes de contornas socioeconómicas menos favorecidas.
4.2 Aos estudantes que nunca participaran nas mobilidades do Programa Erasmus+.

B. Criterios de selección do profesorado

1. Antigüidade no centro (máximo 5 puntos). 
-Con data de destino definitivo anterior ao curso 2010-2011: 5 puntos.
-Con data de destino definitivo comprendida entre o  curso 2018-2019 e 2010-2011: 3 puntos.
-Con data de destino provisional: 2 puntos.

2.  Competencias  lingüísticas  no  idioma  do  país  de  acollida  ou  idioma  de  traballo,  en  caso  de  que  sexa diferente a do país de acollida (máximo 5 puntos).
A valoración das competencias lingüísticas farase tendo en conta as seguintes variables:
a) Certificacións de competencias lingüísticas aportadas.
b)  Probas  realizadas  no  propio  centro,  no  caso  de  que  non  teña  certificación  de  competencias lingüísticas.
c) Calquera outro método para probar as competencias lingüísticas decidido polo comité de selección.

3. Competencias persoais e actitudes (máximo 3 puntos).
Esta  valoración  farase  tendo  en  conta  a  opinión  do  equipo  directivo  do  centro  sobre  a  idoneidade  do profesorado para aplicar no centro a formación recibida.

4. No caso de empate nos méritos, darase prioridade, pola seguinte orde:
4.1. Ao profesorado que nunca participara nas mobilidades do Programa Erasmus+.
4.2. Por sorteo.

Contías  e  criterios  de distribución  das  axudas  das  mobilidades  de  alumnado e  persoal

As mobilidades (587prazas) concederanse por un máximo de:
   a. Mobilidades de ciclos de grao medio: 79 días (11 semanas + 2 días)
   c. Mobilidades de titulados: 100 días (14 semanas + 2 días)
   d. Mobilidades de profesorado para formación: 7 días
   e. Mobilidades de profesorado para visitas preparatorias: 5 días
   f. Mobilidades de profesorado acompañante: 7 días

Para calcular o importe total de cada mobilidade de alumnado e persoal deberá sumarse o importe de manutención  que  corresponda  por  país e  modalidade e  o  importe  que  corresponda  para  viaxe por distancia ao país de acollida.

Pagamento das axudas 

A. Pagamento das axudas ao alumnado

1. As axudas faranse efectivas directamente ao alumnado beneficiario, en dous pagamentos, a través da conta bancaria indicada para tal efecto.
2.  O  primeiro  pagamento  será  realizado  en  concepto  de  anticipo,  polo  importe  do 80%  da axuda concedida,  unha  vez  que  o/a  beneficiario/a  e  o  director  do  centro  educativo  asinen o convenio  de subvención  Erasmus+  para prácticas  entre  países  do  programa,  segundo  o  modelo establecido polo Programa Erasmus+.
3. Unha vez que o/a beneficiario/a remate a súa mobilidade, nos 30 días posteriores, terá que cubrir un cuestionario en liña na aplicación da Unión Europea (EU Survey), de acordo co establecido no Programa Erasmus+, e presentar un certificado da empresa conforme realizou as prácticas, coas datas de comezo e remate da mobilidade. Esta enquisa individual considerarase solicitude  de pagamento do 20%  restante da axuda do/a beneficiario/a. No caso de que as datas de realización da mobilidade do alumnado fosen inferiores  aos días máximos  indicados  para  cada  modalidade  de  mobilidade,  o  pago  do  20%  restante minorarase de acordo co establecido no convenio de subvención.
4. A persoa beneficiaria está obrigada a comunicarlle á entidade concedente ou, se é o caso, á entidade colaboradora,  a  obtención  de  subvencións,  axudas,  ingresos  ou  recursos  que  financien as  actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos. 

B. Pagamento das axudas ao persoal (profesorado, profesorado acompañante e expertos de empresas) 1. As axudas ao persoalbeneficiario faranse efectivas mediante unha transferencia ao centro educativo e o pagamento posterior ao beneficiario, a través da conta bancaria indicada para tal efecto.
2. No caso das mobilidades deprofesoradopara formación, unha vez que remate a súa mobilidade, nos 30 días posteriores, terá que cubrir un cuestionario en liña na aplicación da Unión Europea (EU Survey), de  acordo  co  establecido  no  Programa  Erasmus+,  e  presentar  un  certificadoda empresa  conforme realizou a súa estancia, coas data de comezo e remate da mesma. 
3. A persoa beneficiaria está obrigada a comunicarlle á entidade concedente ou, se é o caso, á entidade colaboradora,  a  obtención  de  subvencións,  axudas,  ingresos  ou  recursos  que  financien as  actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

A Comisión avaliadora Erasmus do IES Perdouro

A  selección  das  persoas  candidatas  será  realizada  por  unha  comisión  avaliadora  en  cada centro educativo que estará integrada por:
–Presidente/a: o director, Santiago Pérez Docobo
–Vogais: a coordinadora de programas europeos, Karina Parga Chao; dous membros do equipo directivo do centro: Mª José Pardiñas e José Díaz Moscoso.
–Secretario/a: Dolores Prieto

TEMPORALIZACIÓN
  • Período de entrega de documentación : Ata o 11 de novembro  de 2019 - Na secretaría do centro (de 9 a 14h)
  • Período de entrevistas (acordadas con cada alumno/a): do 12 ao 13 de novembro de 2019
  • Publicación provisional da lista de selección: o 15 de novembro de 2019
  • Prazo de reclamacións:  do 18 ao 22 de novembro de 2019
  • Publicación definitiva da lista de selección: o  29 de novembro de 2019
COMPROMISO DO ESTUDANTE ERASMUS

O alumnado  comprométese a:

        Realizar as prácticas de FCT segundo o acordo de prácticas que firmará coa empresa.
        Realizar as actividades formativas no marco do Programa Erasmus Plus. (Pendente: idioma)
        Manter comunicación permanente co titor de FCT e a Coordinadora de Erasmus.
        Presentar a documentación que se lle solicite nos prazos establecidos.

-          Antes da mobilidade o/a alumno/a deberá entregar ao coordinador Erasmus: curriculum vitae, fotocopia do DNI, nº IBAN da conta que sexa titular, tarxeta sanitaria europea e outros documentos que solicite a empresa de acollida.

-          Durante a mobilidade: o/a alumno deberá cubrir e enviar por correo electrónico ao seu titor de FCT as follas de seguimento semanais.

-          Ao finalizar a mobilidade o/a alumno/a deberá realizar un cuestionario en liña na aplicación da Unión Europea (EU Survey), de acordo co establecido no Programa Erasmus+, e presentar un certificado da empresa conforme realizouas prácticas, coas data de comezo e remate da mobilidade.

        Colaborar coa difusión do programa Erasmus plus. O/a alumno/a deberá compartir algunhas fotografías onde se reflexe a súa experiencia no país de destino, na empresa de acollida, etc.., e que serán utilizadas en redes sociais, web do centro,...

mércores, 25 de setembro de 2019

Mobilidades 2020

Aberto o prazo de axudas a alumnado e profesorado de FP para estancias formativas en países da UE no marco do Erasmus+

A Consellería obtivo unha axuda do Consorcio Europeo de Mobilidades dotada con máis de 1,9 millóns de euros, que destina ao financiamento de 587 prazas para proxectos de mobilidade (420 para alumnado e 167 para profesorado)

... seguir lendo na web da Consellería

mércores, 26 de marzo de 2014

Carta Erasmus

     O IES Perdouro conta coa Carta Erasmus for Higher Education 2014-2020 para desenvolver proxectos de mobilidade dentro do programa Erasmus +


mércores, 19 de febreiro de 2014

DOCUMENTOS

IES Perdouro Erasmus + endorsement letter:



IES Perdouro Erasmus + Policy Statement